Skip to main content

Durante o mes de marzo, FEAFES Galicia desenvolverá unha acción formativa na aula CeMIT de Vigo, accións levadas a cabo grazas á colaboración do Concello de Vigo e a Concellería de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos. 

Nomeadamente, a semana do 13 ao 17 de marzo desenvolverase neste espazo un obradoiro de Novas tecnoloxías aplicadas á busca de emprego, correspondente á Lanzadeira de emprego para persoas con discapacidade a causa dunha enfermidade mental, cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. 
Esta formación busca que os alumnos e alumnas sexan capaces de empregar as novas tecnoloxías como ferramentas útiles na súa busca de emprego, favorecendo a adquisición de destrezas básicas no emprego de programas informáticos que lles permitan manexar a información, busca e inscrición en ofertas de emprego, coñecementos de novas ferramentas para a busca de emprego, etc. 
Dende FEAFES Galicia queremos agradecer a disposición e facilidades proporcionadas sempre polo Concello de Vigo, a Concellería de Participación Cidadá e os seus técnicos, tanto de cara á solicitude e emprego de aulas como para todas as xestións que se teñen realizado conxuntamente.