Skip to main content

Son moi diversas
as razóns que impulsan a alguén a facer o camiño. Por amor á natureza, por
coñecer a historia, pola experiencia ou por crenzas persoais…  Para os nosos e as nosas camiñantes, que teñen
algún problema de saúde mental, é unha forma de loitar contra o estigma que
aínda sofren, de mostrarse capaces de facer o mesmo que o resto das persoas. De
superar as barreiras do camiño, completar as súas etapas e desfrutar da
experiencia coma todos os demais.

Por iso, o
próximo 5 de maio, os peregrinos e peregrinas de Saúde Mental FEAFES Galicia
volven recorrer o Camiño de Santiago. A nosa andaina do Camiño Primitivo,
consta de 10 etapas. E mañá acometemos a primeira, saíndo de Lugo e percorrendo
unha distancia de 10km ata San Vicente Do Burgo.

Preto de 40
camiñantes, usuarios e usuarias das asociacións Saúde Mental Ferrol, Alume, APEM, DOA, Avelaíña e Andaina; participarán desta experiencia dunha duración estimada de 4 horas. Unha
iniciativa que agardamos desfrutar e compartir tamén cos outros peregrinos que
atopemos.

Vémonos nos camiños!