Skip to main content

Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolveu entre o 1 de xuño de 2022 e o 30 de abril de 2023 o programa de itinerarios de inclusión sociolaboral para persas sen fogar ou en grave risco de exclusión social e con enfermidade mental

 

É un feito constatado que as persoas que viven na rúa son propensas a ter problemas de saúde mental. Aquelas que caen sen ter unha problemática psíquica teñen moitas posibilidades de ver deteriorada a súa saúde mental, e os que xa padecían algún problema desta índole, poden velo agravado.

pasar dunha situación de exclusión social a unha de inclusión non é fácil, e require dun largo periodo de tempo. No cambio interveñen elementos varios e procesos multidimensionais como os aspectos económicos e laborais, pero tamén os que teñen que ver con aspectos sociais e relacionais e, por suposto, a situación persoal e de saúde.

O das persoas sen fogar con problemas de saúde mental é un dos casos máis radicais de vulneración dos dereitos sociais. Na actualidade, apenas existen recursos específicos de atención en saúde mental para este colectivo, os cales deberían incluír programas psicolóxicos de rehabilitación, e non cubrir unicamente as necesidades básicas de aloxamento, comida e roupa. Cos apoios adecuados, estas persoas poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse na sociedade.

Por iso, Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolveu entre o 1 de xullo de 2022 e o 30 de abril de 2023 o programa de itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento e transición ó emprego, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e cofinanciado con fondos REACT-UE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Grazas a este programa traballamos con 13 persoas sen fogar en grave risco de exclusión social e con problemas de saúde mental.

Atención centrada en cada persoa

O programa de itinerarios de inclusión sociolaboral que propuxemos é un modelo de carácter integral e multidisciplinar. O seu obxectivo é asegurar a continuidade de coidados a través do desenvolvemento dun servizo de atención integral personalizada.

O programa deseñouse para 13 participantes das delegacións de A Coruña, Santiago, Ourense e Pontevedra perceptores da RISGA ou con ingresos limitados, en situación de exclusión residencial, con trastornos psiquiátricos graves e cuxas redes de apoio fosen escasas ou nulas.

Grazas a este programa poidemos traballar en coordinación cos dispositivos de atención ás familias dos usuarios e usuarias, poñelos en contacto cos servizos sociais e sociosanitarios dispoñibles e alcanzar a inserción laboral do 13% das persoas participantes