Skip to main content

Máis de 60 persoas con problemas de saúde mental procedentes de toda Galicia xuntáronse en Cambre para disfrutar dunha xornada de deporte e convivencia no II Encontro Multideporte

O pasado venres 2  de xuño, a Escuela de Tenis Marineda acolleu nas súas instalacións en A Barcala (Cambre) o II Encontro Multideporte organizado pola citada escola en colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia. Neste encontro, que se desenvolveu ó longo da mañá de 10h a 14h, participaron máis de 60 persoas con problemas de saúde mental procedentes de toda Galicia.

O encontro, cun marcado carácter lúdico e de convivencia, incluíu actividades de tenis, pádel, fútbol e baloncesto. Divididas en grupos duns 15 integrantes, as persoas participantes rotaron polas catro estacións nas que os monitores e monitoras realizaron clases prácticas e xogos relacionados con cada deporte. Deste xeito, as persoas asistentes tiveron un primeiro contacto coas disciplinas deportidas de tenis e pádel, dirixidas polos monitores da Escola de Tenis Marineda, e outras alternativas máis lúdicas nas estacións de fútbol e baloncesto, deportes tradicionalmente máis coñecidos.

Foto de grupo II Encontro Multideporte Saúde Mental FEAFES Galicia

Foto de grupo II Encontro Multideporte Saúde Mental FEAFES Galicia

Unha xornada de deporte e convivencia

As persoas participantes nesta actividade pertencen a diversas asociacións federadas en Saúde Mental FEAFES Galicia: APEM (A Coruña, Cee e Culleredo), Saúde Mental Ferrol (Narón), Andaina (Ordes e Dodro), Alba (Potevedra), Doa (Vigo e Cangas) e Avelaíña (A Guarda, Baiona e Ponteareas).

O obxectivo do encontro é promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo. Ademáis, esta actividade permite ás persoas participantes romper coa rutina, relacionarse con outras persoas e socializar, mellorando así a súa autoestima e benestar.

Tras a xornada deportiva, as persoas participantes gozaron dunha comida de convivencia para seguir unindo lazos e poñerlle a guinda á mañá de actividades.

Tanto participantes, coma público, coma monitoras e monitores, aseguraron ter pasado unha xornada moi entretida, disfrutando dunha competitividade moi sana e coñecendo a outros compañeiros e compañeiras das demais asociacións. E prometeron repetir para o vindeiro ano.

 

Coa colaboración de: