Skip to main content
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, CERMI, xunto ás súas entidades membro, celebrou este venres unha concentración cívica fronte ao Congreso dos Deputados para esixir o dereito ao voto de case 100.000 persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva que non o teñen recoñecido na actualidade, e para reclamar que se dote de plena accesiblidade a todos os procesos electorais.
“Estamos en plena campaña electoral, nun acto festivo, nun acto reivindicativo e que esperamos que tamén sexa un funeral, porque debería ser a última vez que nunhas eleccións hai 96.000 persoas que non votan. E iso ten que acabar, ten que morrer. Estamos aquí celebrando esa posible morte porque conseguísemos cambiar a lei”, afirmou o presidente do CERMI, Luís Cayo Pérez Bueno, durante a concentración, que contou coa participación de todo o tecido asociativo da discapacidade e de representantes  do Terceiro Sector.
O máximo representante do CERMI instou a que “ninguén se atreva a dicir se alguén pode ou non pode votar, se ten capacidade, se non a ten, se discirne ou non”. Na súa opinión, existe “unha anomalía democrática, un déficit moi grande no noso sistema democrático, que ataca á diversidade, á xente con discapacidade”, razón pola cal urxiu ao próximo goberno a modificar a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para que “teñamos unha democracia decente”.
Pola súa banda, o secretario xeral do CERMI, Alberto Durán, cualificou de “erro enorme” que a lexislación vixente impida o dereito ao sufraxio a 96.000 persoas con discapacidade.

“Vota para que votemos”

A concentración tivo lugar na madrileña Praza das Cortes de 11.30 a 13.30 horas, onde se dispuxeron varias mesas electorais con urnas simbólicas e papeletas co lema “Vota para que votemos”. O evento reunía con todos os requisitos necesarios para garantir a absoluta accesibilidade, incluíndo sistema de bucle magnético, intérpretes de lingua de signos e papeletas en lectura fácil e en Braille.
O acto estivo conducido por José Manuel González Huesa, director xeral de Servimedia e director de Comunicación do CERMI. Así mesmo, unha batucada e unha actuación do “Psicoballet” de Maite León ocupáronse de amenizar e animar a marcha da concentración, que contou coa participación de múltiples persoas privadas do dereito ao voto por razón da súa discapacidade acompañadas nalgúns casos tamén de familiares e amigos.