Skip to main content
Novas

Cinco demandantes de emprego de Feafes Galicia realizan prácticas en Decathlon

By 24 de Maio de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Cinco demandantes de emprego da bolsa de Feafes Galicia están a realizar prácticas non laborais no establecemento de Decathlon en Vigo. Grazas ao Programa Integrado de Emprego están a aprender a realizar as tarefas de vendedor durante a súa estancia dun mes na empresa.

As prácticas comezaron o 2 de maio e finalizan o 31 de mesmo mes. Esta iniciativa é unha oportunidade para que as persoas con enfermidade mental se desenvolvan dentro dun ámbito laboral e poidan demostrar as súas capacidades e habilidades. Así mesmo, é un xeito de colaborar na loita contra o estigma social que ten o colectivo.

Feafes Galicia agradece esta oportunidade e espera seguir colaborando con Decathlon na inserción laboral de persoas con enfermidade mental. Así, confían en que esta experiencia se poida ampliar e que estas prácticas non laborables dean lugar a futuras contratacións.