Skip to main content

As empresas CLECE, BALIDEA, CALFENSA, LACERA e URBASER, que desenvolven a súa actividade en Lugo, adheríronse ó programa “Xuntos Somos Capaces” de FUNDACIÓN MAPFRE. Esta iniciativa permitirá ó longo de 2015 promover a formación ocupacional e a inserción laboral de 16 mozos con enfermidade mental no Concello desta cidade.

Mediante esta adhesión, que foi  posible grazas ó apoio do Concello de Lugo e ó da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia), estas persoas, que se atopan en risco de exclusión social e en situación de desemprego de longa duración, obterán unha beca de formación que lles permitirá realizar prácticas laborais en ditas empresas, así como adquirir experiencia en tarefas relacionadas coa xardinería, mantemento informático, limpeza e limpeza viaria. Tamén recibirán o apoio e o seguimento necesario por parte de profesionais especializados de FEAFES Galicia.

O Concello de Lugo demostrou de xeito continuado o seu gran compromiso coas persoas máis vulnerables, apoiando o seu desenvolvemento profesional, a súa educación e o seu acceso ó emprego.

Os bos resultados obtidos dende a creación do programa, en 2010, converten á FUNDACIÓN MAPFRE nun dos principais dinamizadores da inserción socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental en España. Durante este tempo, “Xuntos Somos Capaces” fixo posible que un total de 2.346 empresas colaboren actualmente co programa, facilitando a formación de 1.230 persoas e a inserción laboral de 1.535.

No acto, celebrado o 31 de marzo no Concello de Lugo, participaron José Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Sonia Méndez, Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos do Concello de Lugo; Juan Pedro Burdiel, Director Territorial de MAPFRE en Galicia Norte; Nuria Fernández, Responsable de formación de FEAFES Galicia en Lugo; José Ramón Panete, Conselleiro Delegado de CALFENSA; Jesús Manuel Gayoso, Xestor de Servizos do Grupo LACERA; Juan Ángel Moreno, Delegado de URBASER; Carlos Segade, Director de Relaciones Institucionais de BALIDEA; e Beatriz Alonso, Delegada Social de CLECE na Dirección Rexional Noroeste. 

juntos somos capaces lugo.jpg