15 persoas con problemas de saúde mental da área de Pontevedra realizaron prácticas no marco del Proxecto Practicum del 2023
O pasado día 30 celebrouse o acto de clausura do Proxecto Practicum do 2023. Este proxecto, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, fomenta a realización de prácticas non laborais en empresas por parte de persoas con problemas de saúde mental. Grazas a el, este colectivo pode mellorar as súas competencias laborais, acostumarse a un entorno de traballo e coñecer de primeira man un posto concreto.
Ó acto, celebrado na sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo, acudiron Luisa Fernando Arroyo, membro de la Xunta Directiva de Saúde Mental FEAFES Galicia e presidenta da Asociación Doa; Carina Fernández, coordinadora da área de proxectos de Saúde Mental FEAFES Galicia; e Isabel Seguín, referente da delegación de Vigo de Saúde Mental FEAFES Galicia. Estiveron acompañados por representantes das empresas que colaboran no programa, así como das persoas que se beneficiaron do mesmo.
Durante o acto, realizáronse dúas mesas redondas nas que interviñeron as técnicas de referencia das persoas participantes: Patricia Vázquez, Elena Pino e Alicia Parra; que contaron como se levaron a cabo as acción de seguimento tanto das persoas participantes como ás que titorizaron nas empresas. Tamén participaron representantes das empresas Euromaster, Mint Internacional, Conservas Cerqueira e Freshcut; e catro das persoas beneficiarias do Practicum, que falaron da súa experiencia no programa e nas prácticas non laborais que realizaron. Destas catro persoas, tres están traballando nas empresas participantes desta mesa.
Un 45% de inserción laboral
Este ano, un total de 15 persoas usuarias de Pontevedra, Vigo, Nigrán, Gondomar, Redondela e Porriño; realizaron prácticas ó amparo deste proxecto, logrando unha inserción laboral posterior do 45% das persoas participantes.
Agradecemos especialmente a colaboración das empresas neste proxecto. En 2023 participaron: Orbe, Freshcut, Mint Internacional, Jysk, Navuxil, Saluver, Conservas Cerqueira, Sprinter, Mamamasa e Euromaster.
O Proxecto Practicum é unha vía de contacto e sensibilización do sector empresarial, que contribúe a eliminar o descoñecemento e os prexuízos da sociedade sobre as capacidades laborais e produtivas das persoas con problemas de saúde mental.
Coa colaboración da: