Skip to main content
Novas

Comezan as proxeccións do ciclo de cine ‘Nos vieiros da mente’

By 1 de Febreiro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Este mes de febreiro comezarán as proxeccións do ciclo de cine ‘ Nos vieiros da mente’, enmarcado dentro do Proxecto Nise, no que colabora Feafes Galicia e que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a enfermidade mental. As películas poderán verse nas cidades da Coruña, Santiago, Lugo, Ferrol, Pontevedra e Vigo.

Os pases dos filmes serán nos centros de Novacaixagalicia de xeito gratuíto e en versión orixinal subtitulada, coa presentación e comentarios de profesionais da saúde mental (psiquiátricas e psicólogos clínicos). Neste edición, as películas escollidas son ‘Elling’, ‘O maquinista’, ‘Shine’, ‘O borracho’, ‘Réquiem por un sono’, ‘Bicicleta, culler, mazá’, ‘Two lovers’ e ‘Crazy in love’. As datas de proxección en cada cidade pódense consultar nas imaxes insertadas ao final da noticia.

Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Nise, no que participa Feafes Galicia, e pretende conseguir unha maior sensibilización social sobre a enfermidade mental e unha redución do estigma asociado a esta.

Ciclo de Cine ‘Nos vieiros da mente’