Santiago de Compostela acolle o vindeiro venres, 21 de decembro, a estrea de “Con etiqueta. Un documental sobre saúde mental”, dirixido por Adriana Pérez Villanueva. O acto terá lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada en Rúa Madrid, 2-4, no barrio de Fontiñas de Santiago. A presentación comenzará ás 20 horas.
Rosa, Antón, Rodolfo ou Moncho son os nomes dalgúns dos protagonistas deste documental de 50 minutos de duración, que ofrece as voces dun grupo de persoas vencelladas as doenzas mentais: persoas diagnosticadas, familiares, médicos e coidadores, desvelándonos unha realidade que se agocha ao noso carón, xa que en Galicia son máis de 41.000 as persoas con certificado de discapacidade por unha enfermidade mental.
Adriana Pérez Villanueva encargouse da dirección, a gravación e a montaxe do documental, mentras que o guión correu da man de Manuel Torres Cubeiro. Pola súa banda, Art Ex Machina encargouse do son, Sintrom Licoris da música, Santi Nieto da gravación de recursos e Illa Bufarda do deseño do cartaz.
O documental elaborouse co apoio da asociación pro saúde mental A Creba e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes).