Mesa 1. INAUGURACIÓN DA XORNADA. SITUACIÓN ACTUAL EN GALICIA.
Abórdase a situación actual en Galicia nela participan diversos representantes das institucións públicas:
– Carmen Calviño, Subdirectora de Recursos Residenciais, Consellería de Traballo e Benestar
– Felix Rubial Bernárdez , Director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Consellería de Sanidade
– Xose Ramón Girón García, Presidente de Feafes Galicia
Realizan unha valoración global dos recursos existentes na actualidade e plantexan as futuras liñas de traballo a seguir en relación os recursos existenciais destinados ao noso colectivo.
Mesa 2. PRESENTACIÓN DO MODELO DE FAISEM: FUNDACIÓN PÚBLICA ANDALUZA PARA A INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL
Nesta mesa, moderada por Luis Ferrer Balsebre, Xefe da Área Sanitaria de Saúde Mental de Santiago, preséntase o modelo da Fundación Pública Andaluza para a Integración das Persoas con Enfermidade Mental ( Faisem).
Manuel Alén Fidalgo, Xerente de Faisem, destaca que o elemento clave do éxito no funcionamento da fundación reside na comisión de coordinación entre os diferentes servizos da área social e da sanitaria. Traballan na procura da mellora da situación clínica e funcionamento persoal e social das persoas con enfermidade mental. Como resultado, constátanse logros con respecto ao seu mantenemento na comunidade e o aumento da adherencia ao tratamento. Destácase a idea de que para acadar o éxito no proceso de inserción social o emprego é fundamental.O programa residencial de FAISEM atende a un total de 2.221 persoas en diversos dispositivos, incluindo o apoio domiciliario.
Mesa 3. CARA A NOVAS FÓRMULAS DE PROTECCIÓN XURÍDICA
A mesa estivo moderada por Fernando Luis de Andrés, Coordinador do Valedor do Pobo, quen fai un chamamento á “coordinación entre os servizos sanitarios e os sociais”. Os relatores explican as diferentes medidas de protección xurídica para o colectivo de persoas con enfermidade mental.
Fuencisla Ladrón de Cegama Escudero, Fiscal de familia de Santiago de Compostela, fai referencia ás disfuncionalidades que na práctica se atopan entre os mecanismos de protección que se aplican e os que emanan da normativa internacional. Na súa presentación explica diferentes medidas xudicias de protección como medidas cautelares, administrador/defensor xudicial, tutela.
José Manuel Amigo Vázquez, Decano do Colexio Notarial e membro da Fundación Aequitas, fai fincapé na súa presentación en erros terminolóxicos. Así, o termo “incapacitación” non é o máis axeitado, xa que do que se trata é de valorar a capacidade da persoa. Calcúlase que máis do 85% das persoas que deberían estar valoradas a nivel da súa capacidade non o están por distintos motivos (prexuizos, etc.). Hai múltiples medidas para protexer á persoa incapacitada, tanto “inter vivos” como “mortis causa”.
As novas aportacións da lei máis recente ao respecto, que data do 2003, é a autoprotección a través de medidas como a “autotutela” e o “poder preventivo”. Herdanza da mesma lei é a figura de “patrimonio protexido”, sen que na práctica sexa un mecanismo demandado.
Rubén García González (Director da FUNGA) explica as funcións da FUNGA sendo as principais a protección xurídica e social das persoas. Con respecto ao colectivo de persoas con enfermidade mental, a principal dificultade radica cando esta se asocia a unha discapacidade intelectual xa que non se atopa un recurso adecuado as necesidades do colectivo. Faise un chamamento para a coordinación entre os servizos sanitarios e sociais para que estas persoas sexan mellor atendidas e erradicar a constante entrada e saída destos usuarios en distintos dispositivos.
Mesa 4. MODELOS ALTERNATIVOS E VIVENDA. AFRONTANDO O FUTURO. COHOUSING, MODELO DE CO-VIVENDA OU ESPAZOS COMPARTIDOS
Nesta mesa, moderada por Ramón Area Carracedo, psiquiatra do Hospital Provincial de Conxo, preséntanse modelos alternativos de vivenda.
Miguel Leturia Arrazola, director da área de consultoria de Matia Innova, resalta a importancia do modelo de atención centrado na persoa: a persoa é a protagonista durante todo o proceso. É un modelo experimental e innovador.
Para coñecer á persoa coa que se vai tratar faise unha evaluación completa: 1º, Historia de vida; 2ª, Datos de saúde, e 3º, Valoración psicosocial, funcional e accesibilidade. Unha caracterísitca definitoria deste modelo é a súa flexibilidade, xa que basea nas capacidades e fortalezas de cada persoa.
O proxecto “Etxean ondo” desenvólvese en dous ámbitos: atención domiciliaria (teleasistencia) e residencial (unidades convivenciais). Recalca a idea do “cotián como terapéutico”. Para o desenvolvemento deste modelo de intervención é fundamental a figura do xestor de casos, quen se encarga da coordinación de recursos.
Miguel Ángel Mira, director da Asociacion Jubilares, plantexa “A saúde como desenvolvemento das capacidades”. Esta iniciativa parte do concepto da creación dunha comunidade de persoas e en función das necesidades destas, deséñase o modelo de cohousing específico (infraestrutura, extensión das vivendas particulares, servizos…). O método máis empregado é o chamado “método Nielsen”, que ten como puntos principais: 1º, Viabilidade; 2º, Expansión e cohesión (obradoiro 1: convicción); 3º, Constitución legal (obradoiro 2: deseño); 4º, Construción e normas (obradoiro 3: normas); e, 5º, Mudanza.
CONCLUSIÓN FINAL DA XORNADA
A persoa con enfermidade mental non é fragmentable en ámbitos distintos, é un todo. Polo tanto, require da atención integral das súas necesidades que radica na necesidade da coordinación e complemento do social e sanitario. Para iso, extrapolamos modelos foráneos exitosos baseados na mesma formulación, de cara á creación dunha visión amplia de posibilidades nas que basar futuras alternativas para o noso colectivo.
REXISTRO DE ASISTENTES
Ás xornadas cudiron en total 125 peroas como público ademáis de 32 profesionais- ponentes. Isto suma un aforo de 157 asistentes.
A maioría dos asistentes foi de profesionais que traballan en entidades dedicadas a integración de persoas cunha discapacidade por enfermidade mental. Así pois, podémos facer a seguinte clasificación dos asistentes:
• Profesionais de asociacións: 51
• Usuarios de Feafes Galicia: 30
• Traballadores sociais: 14
• Psicólogos/Psiquiatras: 7
• Abogados: 4
• Outros: 19