O 20 de xuño tivo lugar unha acción de formación interna de FEAFES Galicia sobre os Trastornos de Personalidade, á cal acudiron unha trintena de profesionais da entidade pertencentes ás súas cinco delegacións (Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo). O curso desenvolveuse no edificio Cersia, en Santiago de Compostela, de 09h a 14h.
O encargado de impartir a formación, xestionada por Newton Consultoría i-Formación, foi Nacho Vázquez, psicólogo sanitario e responsable do Centro de Rehabilitación Psicosocial e laboral de APEM.
Ao longo das 5 horas de formación, Nacho Vázquez realizou unha aproximación aos trastornos da personalidade falando da súa tipoloxía, as crenzas que hai sobre eles, pautas xerais de intervención, etc .
Tras esta exposición, pasouse a unha dinámica práctica e participativa na que os alumnos puideron analizar casos e reflexionar sobre eles, adquirindo así ferramentas para afrontar o proceso de entrevista, orientación e intervención non clínica con usuarios que teñan algún diagnóstico deste tipo.