Skip to main content

O 23 de novembro finalizou o taller de pilates, financiado pola Deputación Pontevedra e organizado por FEAFES Vigo dentro do Programa Conectadas 2022. Unha proposta terapéutica baseada en realizar unha actividade física que mellore a saúde física e mental. E que ademáis fomente as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias entre mulleres con problemas de saúde mental.

Este curso, no que participaron 15 mulleres, constou ed 30 horas das cales 25 se adicaron a actividades de pilates e 5 a sensibilizar e aprender sobre a igualdade de oportunidades. As clases desenvolvéronse todos os luns e mércores desde o 12 de setembro ata o 23 de novembro, en horario de 18h a 19h30, no Liceo Marítimo de Bouzas.

Durante este tempo, as participantes puideron adquirir nocións de pilates e realizar unha actividade deportiva que as axude, non só a coidar da súa saúde física, senón tamén a fortalecer a súa saúde mental. Describiron as sesións como “moi intersantes, emocionantes e moi positivas”. Tamén sinalaron que a participación e o ambiente foron moi agradables, e creáronse vínculos entre elas que perduran fora do curso de forma autónoma.

Saúde Mental FEAFES Galicia quere mostrar o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra por financiar o progra; á persoa de contacto da empresa adxudicataria Forox Innovación L.S., Cristina, pola xestión; e á docente, Cintia, pola súa implicación con grupo.