Skip to main content

Formámonos para manexar os servizos telemáticos grazas ao programa de Información, Orientación e Asesoramento para a Busca de Emprego

 

Os servizos telemáticos de emprego son ferramentas de especial utilidade nun contexto como o actual onde as xestións non presenciais teñen cada vez maior relevancia. Pero para as persoas con algún tipo de problema de saúde mental, pode supoñer unha dificultade.

Por iso, a semana pasada, persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia participaron nun taller onde coñeceron e aprendero a manexar estes servicios. O obxectivo desta actividade, que se realizou o 25 de xaneiro en A Coruña, é que as persoas demandantes de emprego que están inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia coñezan unha serie de ferramentas e xestións telemáticas que poden realizar dende as súas casas e que contribúen a ampliar as súas opcións de acceso ao emprego.

Así, coñeceron o funcionamento do portal de Emprego de Galicia, a oficina Virtual de Emprego, a aplicación MOBEM e a Oficina Virtual de Emprego Autónomo. E tamén aprenderon a realizar xestións telemáticas como: renovar a demanda de emprego, informarse e inscribirse en cursos ou ofertas de traballo, solicitar ou anular unha cita na Oficina de Emprego, descargar informes e documentos, etc.

Estas accións grupais están enmarcadas dentro das actividades de Información, Orientación e Asesoramento para a Busca de Emprego, financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Con estas formacións queremos promover que as persoas participantes se impliquen activamente no seu proceso de busca de emprego, así como dotalas das principais ferramentas e recursos orientadas a isto. Que sexan capaces de empregar as ferramentas de busca de emprego e manexar os recursos e xestións é parte fundamental no seu proceso de inclusión sociolaboral.