Skip to main content
De entre os numerosos os certames que se convocan por Nadal, de debuxo ou de literatura, o II Certame Literario Contos de Nadal organizado pola Concellería de Cultura do concello de Burela, obtivo unha gran resposta de participación. 
As gañadoras foron Eumelia Sanz Vaca e Mª Cruz Suárez Fernández, que recolleron os seus premios nun acto celebrado o 5 de xaneiro no salón de plenos do concello. Pola súa banda, a asociación A Mariña recibiu unha mención especial que se materializou nun diploma e uns libros de agasallo.
A concellería de Cultura do Concello de Burela felicitou e agradeceu que a asociación A Mariña fomente a literatura entre os seus membros, conseguindo que se involucren en concursos destas características. Os usuarios da asociación, que enviaron tres relatos ao concurso, recoñeceron que recibir esta mención achegoulles moita alegría, pois lles gusta participar neste tipo de iniciativas que tan positivamente repercuten no seu benestar e a súa saúde mental.
Os 27 relatos presentados ao II Certame Literario Contos de Nadal formarán parte do libro “Contos de Nadal 2017” que se publicará proximamente.