Skip to main content

As delegacións de FEAFES Galicia están a desenvolver diversos cursos dentro do programa EM-Prégate para favorecer a busca de emprego de persoas con enfermidade mental. Cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar, EM-Prégate é un programa pioneiro na comunidade autónoma de Galicia e se está a levar a cabo en todo o territorio galego a través das delegacións que ten FEAFES nas catro provincias. 

Estas son algunhas das accións formativas que terán lugar nas vindeiras semanas, pero para os próximos meses hai programadas moitas máis!

A CORUÑA:

  • Curso: Novas Tecnoloxías aplicadas á Busca de Emprego
  • Lugar: Aula de informática do CRPL de APEM (Rúa Sagrada Familia, 28, baixo)
  • Datas: Do 4 ó 25 de Febreiro
  • Horario: Martes de 16:00 a 19:00
  • Duración: 12 horas
  • Número de beneficiarios: 6 participantes
  • Obxectivo: Aprender a usar as TIC´s para que os demandantes de emprego logren unha maior eficacia e eficiencia no proceso de busca de traballo.

LUGO:

  • Curso: Motivación e Técnicas de Busca de Emprego
  • Lugar: Centro Social de Fingoi (Ronda de Fingoi, 72)
  • Datas: Do 10 ó 21 de Febreiro
  • Horario: De 10:00 a 13:00
  • Duración: 20 horas
  • Número de beneficiarios: 10 participantes
  • Obxectivo: Coñecer a situación do mercado de traballo e as características do emprego que busca cada participante, as competencias profesionais e persoais que lle facilitan o acceso e as técnicas e recursos dos que dispón para este fin, de maneira que poida elaborar un proxecto profesional e persoal de cara á propia inserción laboral. 

OURENSE:

  • Curso: Club de Busca de Emprego e TIC’s
  • Lugar: CeMIT de Ourense (Rúa do Progreso, 44)
  • Datas: Do 15 de Xaneiro ó 28 de Maio
  • Horario: Mércores de 16:30 a 18:00
  • Duración: 28 horas
  • Número de beneficiarios: 13 participantes
  • Obxectivo: Dotar ós usuarios do coñecemento, capacidades e actitudes adecuadas para mellorar a busca de emprego a través do traballo colaborativo entre os membros do grupo e o emprego das novas tecnoloxías como ferramenta facilitadora.

VIGO:

  • Curso: Novas Tecnoloxías aplicadas á Busca de Emprego 
  • Lugar: CeMIT de Vigo (Rúa Oporto, 1)
  • Datas: Do 11 de Febreiro ó 29 de Abril (6 sesións)
  • Horario: De 09:00 a 13:00
  • Duración: 24 horas
  • Número de beneficiarios: 15 participantes
  • Obxectivo: Coñecer e aprender a utilizar as webs de busca de emprego e outros soportes tecnolóxicos, aprender a crear e manexar un blog, saber máis acerca da creación e utilidade dun videocurrículo, etc.

SANTIAGO:

  • Curso: Motivación e Técnicas de Busca de Emprego
  • Lugar: EGAP – Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, 2-4)
  • Datas: 22 de Xaneiro a 6 de Febreiro (4 sesións)
  • Horario: De 10:00 a 12:00
  • Duración: 10 horas
  • Número de beneficiarios: 14 participantes
  • Obxectivo: aumentar o coñecemento sobre un mesmo e sobre o mercado laboral, atopar unha orientación vocacional axeitada, aprender técnicas que axuden á busca de traballo e obter as ferramentas necesarias para lograr a inserción laboral.

 

  • Curso: Habilidades para o mantemento do posto de traballo: asertividade
  • Lugar: EGAP – Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, 2-4)
  • Datas: 11 e 13 de Febreiro
  • Horario: De 10:00 a 12:00
  • Duración: 4 horas
  • Número de beneficiarios: 16 participantes
  • Obxectivo: Dotar das habilidades de relación precisas para desenvolverse dun xeito adecuado nun medio social e laboral normalizado.

 

  • Curso: Novas Tecnoloxías aplicadas á Busca de Emprego
  • Lugar: EGAP – Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, 2-4)
  • Datas: Do 18 ó 27 de Febreiro (4 sesións)
  • Horario: De 10:00 a 12:00Duración: 8 horas
  • Número de beneficiarios: 16 participantes
  • Obxectivo: Adquirir un dominio adecuado das ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías para coñecer as súas funcionalidades, estudar novos usos e orientalas á busca de emprego. 

 

faldon empregate.jpg