Skip to main content

Ao longo do 2022, 27 persoas de toda Galicia participaron no proxecto De Par en Par. Unha iniciativa de interés xeral para fins de carácter social a cargo da asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social.

En De Par en Par participaron 6 persoas de A Coruña, 5 de Santiago, 5 de Lugo, 5 de Ourense e 6 de Vigo que teñen problemas de saúde mental e atópanse en situacións que incrementan o seu risco de exclusión social: ser muller susceptible de sufrir violencia de xénero, con menores ou maiores ao cargo, persoas sen apoio familiar, con excasos ou nulos recursos económicos, con dificultades para o acceso á alimentación ou á vivenda, etc.

O programa ofrece unha atención personalizada ás necesidades específicas destas persoas, mellorando as súas competencias de afrontamento ante situacións de crise, implicando ás familias e persoas achegadas no proceso de recuperación ou desempregando accións grupais para o fomento da súa autonomía e inclusión social. Ademais, apóianse e acompáñanse activamente ás persoas no seu proceso de recuperación e autonomía, mellorando a vinculación inclusiva e activa coa comunidade e facilitando o seu acceso a recursos económicos, sociais, residenciais, formativos, etc.

A través deste programa trabállase coas persoas, non só na oficina, senón que se lles ofrece apoio presnecial en situacións reais, como o acompañamento ao psiquiatra, a realización de xestión administrativas ou o apoio en actividades da vida cotiá. Isto permitirá mellorar a súa calidade de vida e facilitar a súa inclusión na comunidade.

Para levar a cabo todas estas accións, Saúde Mental FEAFES Galicia traballa en rede coas profesionais e os profesionais doutros servizos implicados no proceso individual de cada persoa, como as Unidades de Atención á Drogodependentes, os Servizos Sociais, as Unidades de Saúde Mental, a FUNGA, a UCA, os Centros de Formación ou o SPEG entre outros.

O proxecto De Par en Par é posible gracias á xente que marcou a opción de “Fins Sociais” na súa declaración da renda. Isto permite destinar un 0,7% dos seus impostos a realizar programas de organización de acción social.