Skip to main content
A Unidade de Asesoramento Científico-técnico, avalia-t, unidade dependente da Axencia Galega do Coñecemento en Saúde, ACIS, acaba de editar a Guía Práctica Clínica sobre a Depresión Maior na Infancia e a Adolescencia. Actualización, que se realizou como parte do Programa Nacional de Guías de Práctica Clínica no SNS, dentro das actividades da Rede Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias (RedETS). 
Esta guía é o resultado do traballo dun grupo de profesionais pertencentes ás diferentes disciplinas que integran a asistencia da depresión na infancia e adolescencia. No proceso de revisión contouse coa colaboración de sociedades científicas, asociacións de pacientes, e un importante número de profesionais implicados directamente neste problema de saúde. Entre eles estivo o psicólogo Nacho Vázquez, da asociación APEM federada en FEAFES Galicia. 
Nesta guía pódense atopar respostas a moitas preguntas que se expoñen habitualmente na asistencia a persoas con depresión, as cales veñen dadas en forma de recomendacións elaboradas de xeito sistemático e coa mellor evidencia dispoñible. 
Este documento conta con tres versións en formato electrónico: completa, reducida e para Ebook. Todas elas están dispoñibles na apartado Documentación desta mesma web, ademais de na web de avalia-t, no portal de GuíaSalud, e na web da RedETS