Skip to main content

#DerechoANuestrosDerechos é a campaña que a Confederación Saúde Mental España lanza con motivo do Día dos Dereitos Humanos, 10 de decembro.

Como cada ano polo 10 de decembro, a Confederación Salud Mental España lanza a camapaña #DerechoANuestrosDerechos. O obxectivo é dar a coñecer a realidade que viven as persoas con problemas de saúde mental que son atendidas no ámbito sanitario e que, cada día, ven vulnerados os seus dereitos.

A campaña, que conta coa financiación do Ministerio de Dereitos Sociais e a Axenda 2030, consta de cinco vídeos. Neles recóllense testemuñas que relatan as vulneracións sufridas polas tres persoas participantes. Os vídeos pódense consultar na páxina de youtube da Confederación. Estes relatos forman parte da presentación do informe Tratamentos e ingresos involuntarios en saúde mental. Informe elaborado pola Confederación xunto co Instituto de Dereitos Humanos Gregorio Peces-Barba da Universidade Carlos III de Madrid.

Reivindicacións de Salud Mental España

Ante as vulneracións de dereitos, Salud Mental España reivindica os seguintes cambios na atención sanitaria. Co obxectivo de que se cumpran os dereitos humanos, en cumprimento da Conveción Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade:

  • Fronte á coerción e contencións físicas, mecánicas e químicas en centros sanitarios a Confederación reclama tender a “contencións cero”, unha atención personalizada e individualizada, e a formación das e dos profesionais.
  • Fronte á reclusión, o illamento e a falta de privacidade que se da nos ingresos involuntarios, a Confederación reclama un ambiente terpéutico e tranquilizador que promova relacións de confianza, limitar o uso de cámaras de vixiancia, eliminar as restriccións punitivas, facilitar a comunicación con seres queridos e posibilitar a hixiene íntima.
  • Fronte á medicación forzosa e sobremedicación, a Confederación reclama a humanización dos tratamentos, empatía e escoita activa, así como plans individualizados de atención e apoio domiciliario e a participación das persoas no seu propio tratamento.
  • Fronte a falta de información e participación na toma de decisións, a Confederación reclama deseñar sistemas de apoios individualizados e informar e fomentar a participación das persoas na toma de decisións.

Para finalizar, Salud Mental España lembra que as persoas poden denunciar as vulneracións que sofren por causa dun problema de saúde mental no Observatorio Estatal de Salud Mental, Derechos e Igualdad