Skip to main content
“#Descubre. Non bloquees a túa saúde mental” é un programa de sensibilización e prevención sobre saúde mental e adiccións desenvolvido pola Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA e financiado polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. 
O obxectivo do programa #Descubre é ofrecer información actualizada, non nesgada e con perspectiva de xénero orientada á importancia da saúde mental, así como os factores de risco do consumo de drogas e a posible relación entre ambos. Ademais, preténdese concienciar sobre o importante papel que xogan os diferentes actores dentro do sistema educativo no desenvolvemento persoal dos menores. 
Este proxecto tamén permite aprender a identificar os signos temperáns de problemas de saúde mental e consumo de tóxicos, dando a coñecer os diferentes recursos e dispositivos de apoio. Do mesmo xeito, axuda a minimizar as secuelas do estigma, difundindo unha imaxe realista e libre de estereotipos sobre os trastornos mentais e o consumo de drogas. 
Este ano, o programa #Descubre afondará especialmente en cuestións de xénero, como a violencia de xénero e as súas consecuencias na saúde mental. Igualmente, incidirase nunha serie de factores de risco dos problemas de saúde mental como a violencia infantil no ámbito escolar ou familiar; as situacións de discriminación e exclusión social; o culto á imaxe e os malos hábitos nutricionais; o consumo de alcol, drogas e outras adicións; ou as expectativas culturais e sociais.
En Galicia, o programa #Descubre levarase a cabo dende as asociacións APEM, a Mariña, Saúde Mental Ferrol, Lar e Avelaíña, que achegaranse aos institutos das súas localidades para realizar accións de información, prevención e eliminación do estigma cos alumnos e demais axentes educativos. Por outra banda, Saúde Mental FEAFES Galicia tamén levará a cabo este programa dende as súas delegacións de A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense.