Os mozos con problemas de saúde mental son a miúdo estigmatizados e discriminados, o que á súa vez pode desembocar en exclusión e desánimo á hora de buscar axuda por medo a ser negativamente «etiquetados».
Por elo, a celebración deste ano do Día Internacional da Mocidade céntrase en concienciar sobre esta problemática e en difundir as experiencias de mozos valentes que se decidiron a falar sobre este tema co propósito de superar o estigma e a discriminación.
“Debemos centrarnos especialmente en responder ás necesidades dos mozos con problemas de saúde mental, moitos dos cales experimentan discriminación de forma diaria”, sinalou nun comunicado o presidente da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, John Ashe. Segundo Ashe, é preciso traballar para lograr que eses mozos poidan disfrutar de vidas “plenas e sas” e para que poidan acadar as súas “aspiracións e metas”.
Coa dedicación deste día ós mozos con enfermidade mental, preténdese asegurar que a xente moza que padece estas patoloxías poida disfrutar dunha vida digna, sen sufrir illamento nin vergoña, e que se atrevan a solicitar abertamente a axuda e o apoio que precisan.