Skip to main content

Con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o 8 de Marzo, FEAFES Galicia adhírese ó manifesto do Cermi (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), que demanda unha participación política, real e efectiva das mulleres con discapacidade. Este di o seguinte:

Recordando a Convención de Nacións Unidas sobre a Eliminación de todas as formas de Discriminación contra a Muller de 1976, onde os Estados Partes se comprometen a eliminar a discriminación contra a muller na vida política e pública do país, garantindo, en igualdade de condicións cos homes, o seu dereito a votar en todas as eleccións e referendos públicos e a ser elixibles; o dereito a participar na formulación das políticas gobernamentais e na execución de estas, ocupando cargos executivos, e o dereito a participar en organizacións e asociacións non gobernamentais que se ocupen da vida pública e política (artigos 7 e 8);

Considerando a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006, que asegura que estas poidan participar plena e efectivamente na vida política e pública en igualdade de condiciones coas demais persoas, promovendo activamente un entorno accesible e adecuado para elo (artigo 29);

Tomando nota do recente Informe do Parlamento Europeo sobre Mulleres con Discapacidade, no que se insta á Comisión Europea a incorporar un plantexamento que teña en conta o enfoque de xénero na revisión intermedia da Estratexia Europea da Discapacidade 2010-2020,

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, CERMI 

DENUNCIA

Que, pese á existencia destes tratados internacionais ratificados por España, as mulleres con discapacidade non gozan dos seus dereitos políticos en igualdade de condiciones coas demais persoas:

– O dereito ó voto está negado para moitas delas, ás que se incapacita xudicialmente perdendo por tanto a súa capacidade xurídica e a súa igualdade ante la Lei como medio para lograr a práctica da esterilización forzosa, acto este de violación extrema dos seus dereitos humanos.

– Non participan na formulación de políticas públicas, nin tampouco nas que lles afectan directamente. 

– Non ostentan cargos executivos na esfera pública e apenas o fan en organizacións non gobernamentais, onde a súa presenza ten frecuentemente un carácter meramente testemuñal.

– Non contan con asociacións específicas de mulleres con discapacidade, dende as que poder exercer o seu dereito á liberdade de opinión e de expresión sobre os asuntos que lles atinxen directamente.

E que, como consecuencia estas ausencias xeneralizadas, a situación de discriminación e exclusión das mulleres e nenas con discapacidade segue a ser no noso país un problema de primeira orden que esixe a adopción de medidas específicas que incidan sobre as causas reais que lle dan orixe. Sirva como exemplo o dato de que o 17,3 % das mulleres con discapacidade atópanse en situación de pobreza extrema, taxa que triplica a da poboación española (6,4 %).

Por todo o sinalado, no Día Internacional da Muller, o CERMI

RECLAMA

1. O desenvolvemento con urxencia dunha investigación centrada na revisión das incapacitacións xudiciais que afectan ó dereito de sufraxio das mulleres con discapacidade.

2. A consideración específica das mulleres e nenas con discapacidade en todas as disposicións lexislativas, políticas e iniciativas en materia de discapacidade ou de xénero, case inexistentes ata a data presente. 

3. A inclusión dos asuntos específicos das mulleres e as nenas con discapacidade nas políticas sociais desenvolvidas polo terceiro sector en xeral e polas organizacións da discapacidade en particular, especialmente no relativo á violencia e o abuso, á maternidade, ós dereitos sexuais e reprodutivos e ó acceso á xustiza, formando para elo ós seus profesionais e ofrecendo servizos de atención directa ás mulleres e nenas que llo soliciten.

4. A incorporación do principio de igualdade entre a muller e o home na cultura organizacional, os regulamentos, os estatutos e os programas de traballo das organizacións representativas das persoas con discapacidade e as súas familias, de forma real e efectiva, asegurando que a dirección, a xestión e a toma de decisións sexa paritaria en todos os niveis.

5. Asegurar a presenza de mulleres con discapacidade nas organizacións de mulleres, as cales deben garantir a súa plena inclusión e participación, así como a consideración das súas demandas e necesidades, agravadas polos efectos dunha discriminación estrutural de anos de exclusión.

6. Apoiar e fortalecer o establecemento de organizacións, redes e grupos integrados, dirixidos e gobernados por mulleres con discapacidade, na defensa dos seuus propios intereses colectivos, tal e como elas mesmas os definan, sen prexuízo da súa presenza a través de organizacións mixtas ou específicas. 

7. Poñer en valor todas as importantes medidas de accesibilidade e non discriminación cara as mulleres con discapacidade que contén a Lei Orgánica 2/2010, de 3 de Marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, así como a súa non discriminación no acceso á saúde sexual e reprodutiva; a súa atención adecuada durante o embarazo, o parto e o puerperio; a formación de profesionais da saúde sobre a súa situación específica, e a información á muller, que corren o risco de perderse coa actual revisión lexislativa.

8. A utilización eficaz e eficiente dos instrumentos de financiamento da Unión Europea, e en particular dos Fondos Estruturais, para poñer fin á discriminación das mulleres e nenas con discapacidade en todos os ámbitos da vida.