A asociación Doa conmemora ao longo do mes de outubro o Día Mundial da Saúde Mental con diversos eventos.
Entre os días 2 e 9 deste mes poderase visitar na Capela do Hospital de Cangas a exposición “Pintando con Papel”, con obras realizadas polos usuarios do Centro de Rehabilitación Psicosocial (CRPL) de Cangas no obradoiro realizado con Jorge González Meira, artista local da colaxe.
Posteriormente, o 4 de outubro, celebrarase na Casa da Cultura de Cangas unha mesa coloquio sobre algunhas das terapias alternativas en saúde mental. Será a partir das 18 horas e nela falarase sobre arteterapia, terapia asistida con animais e musicoterapia.
Por último, o propio Día Mundial da Saúde Mental, o 10 de outubro, o salón de actos do colexio Compañía de María de Cangas acollerá a partir das 18.30 horas a representación da obra “Misión imposibel! ” representada pola compañía Furabollas Teatro, integrada por usuarios do CRPL de Cangas.