Aproxímanse o inicio da campaña electoral e o Día Internacional de Loita contra a Pobreza, por iso as entidades que forman parte de EAPN-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD toman a palabra e preguntan en directo aos representantes dos principais partidos políticos de Galicia sobre a pobreza na nosa comunidade autónoma.
Será este xoves, 27 de setembro, ás 21.40 en V Televisión, nun programa ao estilo de “Teño unha pregunta para vostede”. En representanción de Feafes Galicia acudirán o presidente dá Asociación Prol Enfermos Mentais da Coruña (Apem), José Luis Muruzábal; e a secretaria do Comité de Persoas con Enfermidade Mental de Feafes Galicia, Cristina Riobó. Ambos os dous formularán aos representantes dos principais partidos políticos de Galicia as súas preguntas sobre saúde mental.
En representación dos principais partidos políticos acudirán:
Marta Rodríguez Arias (PPdeG)
José Luis Méndez Romeu (PSdG-PSOE)
Ana Pontón (BNG)
Yolanda Díaz (Alternativa Galega de Esquerdas)
Para dinamizar o programa nas redes sociais, utilizarase o hastag #pobrezacero para falar sobre o tema en Twitter. Ademais, as mensaxes enviadas mostraranse en pantalla durante a emisión do programa.