Skip to main content
O pasado mes de decembro, a asociación Andaina de persoas con necesidades especiais de Redondela realizou unha visita ao centro ocupacional que xestiona Lenda en Vilavella.
O encontro formou parte dun programa intergeneracional que Andaina iniciou o ano pasado co que pretende que os socios máis novos coñezan o traballo que realizan outras asociacións da contorna.
Nesta ocasión, os mozos de Andaina tiveron a oportunidade de observar como os usuarios de Lenda realizan diferentes traballos artesanais destinados ás datas do Nadal, así como a exposición de produtos que elaboran ao longo de todo o ano.
Ademais, os nenos de Andaina fixeron entrega dun traballo realizado por eles nun obradoiro de Nadal, e os membros de Lenda obsequiaron aos seus visitantes cunha merenda e sobremesas elaborados por eles mesmos.
Información vía Faro de Vigo.