Skip to main content

Durante os días 26 e 27 de febreiro de 2015, o Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá o “Encontro Lusogalaico: as adiccións no século XXI”. Trátase dunha oportunidade para compartir experiencias, revisar temas de interese e actualizar coñecementos sobre saúde mental e adiccións. 

Por razóns históricas e territoriais, as redes asistenciais de trastornos aditivos de Galicia e do norte de Portugal desenvolveron unha estreita relación institucional e profesional que fomentou o coñecemento mutuo, a coordinación, a colaboración e o aproveitamento de sinerxías. Neste senso, a situación xeográfica de Vigo e as súas dinámicas socioeconómicas confiren á cidade un papel importante nestas relacións transfronteirizas.

O Concello de Vigo sempre amosou un importante compromiso por atender a problemática derivada do consumo de drogas, poñendo en marcha un centro asistencial de drogodependencias de titularidade municipal (CEDRO) e desenvolvendo un Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA).

Por iso, o “Encontro lusogalaico: as adiccións do século XXI”, organizado polo Concello de Vigo e co apoio institucional das organizacións profesionais e científicas máis representativas do medio, pretende ser un espazo que sirva para manter o vínculo entre Galicia e o norte de Portugal neste ámbito, favorecendo incluso que este vínculo poida ser ampliado a outros entornos profesionais e territoriais.

Para máis información sobre este encontro, pódese consultar a web do evento no seguinte enlace.

encuentro lusogalaico adicciones.jpg