Este luns, no Edificio do Concello de Vigo, Fundación MAPFRE e Saúde Mental FEAFES Galicia, entregaron os diplomas do taller de capacitación para o Emprego verde-Xardinería a 11 participantes. Ambas entidades colaboran no programa Juntos Somos Capaces, do que forma parte este taller e que ten como obxectivo impulsar a inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual e saúde mental, fomentando as relacións entre empresas e entidades sociais desde un enfoque innovador que permite a inclusión laboral deste colectivo.
O Taller de Capacitación Laboral para o Emprego verde- Xardinería, quere facilitar a persoas con problemas de saúde mental a adquisición dos coñecementos e habilidades necesarias para o desempeño eficaz destes postos de traballo. Ofrecend así novas oportunidades de acceso ao emprego.
A formación, realizada na súa totalidade de forma presencial, tivo unha duración de 180 horas lectivas que combinaron sesións tóricas e prácticas en empresas colaboradoras do sector, como a U.T.E. Acciona-Mantén, responsable do mantemento das zonas de xardín do Concello de Vigo.
As 11 persoas participantes do Taller recibiron os seus diplomas da man de Abel Caballero, alcalde de Vigo, que expresou a súa satisfacción ante iniciativas de colaboración coma esta, que poñen en valor as capacidades das persoas.
Os alumnos e alumnas contaron a súa experiencia no taller e describírona como “unha gran aprendizaxe que ofrece unha nova oportunidade de emprego“.
Ao acto acudiron tamén o Cencelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas; a responsable de empresas DT Galicia Sur MAPFRE, Patricia González; a Coordinadora de Programas e Servizos de Saúde Mental FEAFES Galicia, Carina Fernández; o Presidente da Asociación DOA, Leopoldo Robla; e o xerente de U.T.E Acciona-Mantén, Francisco Felices.