Skip to main content

O Comité en Primeira Persoa de Galicia fixo entrega dos premios do seu  I Concurso Literario Perderlle o medo a escribir este luns 19 de dicembro. Nun acto que se celebrou ás 12h30 na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

O prmieiro premio foi para a obra “Escribo sen medo por ti, meu amor”, de Mich González Frías. O segundo galardón recaeu en Nöel Rafael González Gómez por su obra “Relato de un náufrago“. E o terceiro posto otorgóuselle á obra “Mi niña, mi pequeña”de Andrea Villar Fernández.

Os premios consistiron nunha figura para cada unha das persoas galardonadas elaborada polo taller Kerámikos de APEM-Coruña expresamente para este acto, e tamén un vale de 100€, 75€ e 50€ respectivamente para gastar nunha libraría.

Os galardóns foron entregados no acto do pasado luns polos membros do Comité en Primeira Persoa FEAFES Galicia e o Presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón.

Tanto o presidente como a portavocía do Comité resaltaron a calidade e a sensibilidade das obras presentadas, así como a dificultade que supuxo escoller soamente tres das máis de 40 que se presentaron.

Este certame tiña como obxectivo fomentar a participación e a expresión artística, dar visibilidade e normalizar os problemas de saúde mental e contribuír a rachar co estigma que pesa sobre as persoas con problemas de saúde mental.

Ao acto asisitiron as tres persoas premiadas acompañadas de compañeiros, compañeiras, técnicas e familiares; tamén acudiron outras persoas participantes que recibiron un dimploma pola súa participación; e a directiva xunto con outras persoas traballadoras de Saúde Mental FEAFES Galicia.