Saúde Mental FEAFES Galicia amplía e renova as súas instalacións para facer os locais máis accesibles, adquire medios técnicos e reforza o servizo de comunicación grazas ao apoio da Consellería de Sanidade
A Consellería de Sanidade achegounos investimento para a mellora das nosas instalacións. Esta concesión permitiunos ampliar e renovar os nosos locais e mellorar así a capacidade de atención ás persoas usuarias e ás súas familias e persoas achegadas.
Ademais, puidemos crear unha aula de formación e atención grupal e adquirir o mobiliario e os medios técnicos necesarios. Gracias a isto, conseguimos locais máis accesibles nos que puidemos desenvolver diversas accións grupais enmarcadas dentro dos diferentes servizos que levamos a cabo.
Tamén renovamos os equipos informáitcos necesarios para implantar de maneira xeneralizada a posibilidade de atención telemática. Isto supón un gran apoio para aquelas persoas e familias con maior dificultade de desprazamento.
Un pulo na loita contra o estigma
Por outra banda, tamén puidemos mellorar os recursos do noso servizo de comunicación. Isto permítenos seguir coa nosa labora de difundir unha imaxe normalizada da saúde mental e contribuír a eliminar os prexuízos que aínda existe sobre as persoas con problemas de saúde mental.
Grazas a este apoio podemos seguir mantendo o contacto cos medios de comunicación, elaborar publicacións e material divulgativo e realizar campañas de sensibilización. Dentro deste contexto organizamos o acto “Empréganos” . A través destes premios damos a coñecer e visibilizamos as boas prácticas no eido laboral, que contribúen a eliminar o estigma asociado á saúde mental.
Coa colaboración de: