Skip to main content
Novas

Falece José Luis Muruzábal, presidente da Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña

By 16 de Xullo de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

muruzabal.jpg

José Luis Muruzábal Arlegui, presidente da Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña (APEM), faleceu a pasada madrugada a causa dunha longa enfermidade. Ademais de ser a cabeza visible de APEM durante dúas décadas, Muruzábal era coñecido polo seu traballo de avogado e por ser un destacado sindicalista.

Feafes Galicia e todo o movemento asociativo de saúde mental galego quere expresar o seu máis sincero pésame á súa familia e achegados. O seu recordo é para nós unha motivación para seguir loitando polos dereitos do noso colectivo, como fixo el con enerxía e brillantez durante todos estes anos.