A Deputación de Lugo colabora coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental a través do noso programa de “Intermediación laboral e prácticas laborais”

O traballo é un piar fundamental para o desenvolvemento de calquera persoa e para a consecución dunha vida plena e independente. Non obstante, as persoas con problemas de saúde mental atopan grandes dificultades á hora de acceder a un emprego.

En  Saúde Mental FEAFES Galicia , acompañamos as persoas participantes dos nosos programas no seu camiño cara a inserción laboral, procurando mitigar os obstáculos cos que se atopan.

 

 

Seis meses de prácticas laborais

Grazas ao apoio da Deputación de Lugo , levamos a cabo o programa de “Intermediación laboral e prácticas laborais” na provincia. Esta iniciativa busca a incorporación directa ao mercado laboral de dúas persoas con problemas de saúde mental a través de dous contratos de traballo de seis meses de duración.

Deste xeito, a inicios de mes, dúas persoas usuarias do noso servizo de emprego comezaron as súas prácticas no Museo Provincial, pertencente á Rede Museística Provincial de Lugo. Ao comezo destas prácticas, foron recibidos por Iria Castro Fernández, deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo; Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL); e Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo.

Co apoio da Deputación de Lugo, podemos seguir traballando pola inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental. Para que poidan conseguir manter un emprego que lles permita sentirse máis integradas na sociedade e soster unha vida o máis autónoma posible.

 

Coa colaboración de:

 

Share