Skip to main content
Novas

FEAFES e a súa labor sensibilizadora: Camiseta Solidaria

By 16 de Novembro de 2011Novembro 13th, 2022No Comments

FEAFES Galicia trata de sensibilizar e informar a poboación sobre as enfermidades mentais co obxectivo de cambiar a imaxe tradicionalmente negativa que sobre estas persoas existe na sociedade. Para iso, desenvolve anualmente programas de redución do estigma que achegan á sociedade galega a realidade da enfermidade mental.

Neste marco xorde o proxecto de deseñar e distribuír unha camiseta solidaria. para iso desenvolve anualmente programas de redución do estigma que achegan á sociedade galega a realidade da enfermidade mental.

Neste marco xorde o proxecto de deseñar e distribuír unha camiseta solidaria. As camisetas, especialmente aquelas que levan unha mensaxe escrita, convertéronse nun poderoso soporte para a comunicación actual xa que constitúen unha canle sinxela, cómoda e barata. Máis alá da súa función protectora e estética a roupa que vestimos actualmente revela o tipo de persoas que somos e falan da sociedade na que vivimos polo que teñen un grande impacto na transmisión de ideas e valores.

Conscientes deste poder as camisetas “con voz” son utilizadas polas empresas con diversos fins como os comerciais ou publicitarios pero ás organizacións no, ademais de captar fondos, nos permite sensibilizar sobre problemas sociais.

A comercialización dunha camiseta solidaria permitiría á Federación dar a coñecer a enfermidade mental e captación de novos fondos para o servizo de inserción laboral que conta con 1475 usuarios. Concretamente os fondos recadados destinaríanse ao programa de bolsas de prácticas non laborais en empresas, un programa que leva tres anos en marcha con notable éxito. As prácticas non laborais permiten por un lado, que a persoa con enfermidade mental adquira práctica profesional e por outro, que o empresario comprobe que son traballadores produtivos e rendibles. En moitos casos estas prácticas rematan en contratacións.

Con este obxectivo dirixímonos á empresa “Adolfo Domínguez“, imaxe da Galicia máis innovadora e referente internacional no sector téxtil, pensando en que a asociación do prestixio desta empresa coa cooperación nun labor social achegaría valor a ambas as dúas entidades. Solicitamos a cesión da imaxe corporativa da súa liña “Ou” para o deseño das camisetas e a súa resposta, para a nosa satisfacción, foi afirmativa.

Para a realización do deseño contamos cos alumnos da “EASD” (Escola de arte e deseño superior Mestre Mateo) e coa experiencia de “ATEXGA” (Asociación téxtil de Galicia).
O 15 de marzo de 2011 faise público que o deseño gañador: o de Andrea M. Rivas, alumna da Escola de arte e deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.