A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza, xunto coa área de Servizos Sociais do Concello da Coruña, as VI Xornadas sobre persoas sen teito “As fronteiras do sistema”. Esta iniciativa medra ano tras ano tanto na profesionalización como na participación, chegando en cada edición a cada vez máis xente de todos os sectores da poboación.
O encontro tivo lugar o 17 de abril no Centro Cívico de Labañou e a el acudiron un total de seis profesionais de FEAFES Galicia, ademais de compañeiros das asociacións Apem e Alume. O obxectivo é achegarse cada vez máis á realidade deste colectivo e ós recursos existentes para a súa atención, coa fin de poder abordar correctamente a situación das persoas con enfermidade mental que carecen de fogar.
As xornadas tiveron unha duración total de 10 horas distribuídas ó longo de todo o día, durante as cales expuxéronse diversas cuestións éticas, legais e sociais relacionadas coa situación das persoas sen teito e presentáronse distintas iniciativas e proxectos levados a cabo por Fundacións ou ONGs.
As sesións da tarde constaron de talleres de traballo nos que os participantes debateron acerca dos seguintes temas: “As fronteiras do desequilibrio ocupacional” e “Delitos de odio, que son e como previlos”. A xornada concluíu cunha posta en común das conclusións e un enriquecemento a través das opinións e experiencias compartidas.