Skip to main content
Novas

Feafes Galicia asina un convenio co Concello de Santiago para atender ás persoas con enfermidade mental e as súas familias

By 16 de Outubro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia e o Concello de Santiago de Compostela asinan o xoves 17 de outubro un convenio de colaboración para a realización do Programa de atención integral a persoas con enfermidade mental e as súas familias neste municipio.

O acto de sinatura ten lugar no salón verde do Pazo de Raxoi ás 13.40 horas. En representación de Feafes Galicia acudirá o seu presidente, Xosé Ramón Girón, quen será recibido por María Castelao Torres, concelleira delegada da Área de Servizos Sociais.

Na actualidade Feafes Galicia conta na súa base de datos con 650 casos do Concello de Santiago. Deles, 372 usuarios acoden ao Servizo de Emprego e 278 ao Servizo de Atención Sociofamiliar.

As persoas que veñen á nosa entidade reciben información sobre os recursos e servizos de Feafes Galicia, información sobre a enfermidade mental e axuda na xestión de prestacións económicas e solicitude de certificados de discapacidade.

Ademáis, prestamos apoio psicolóxico, realizamos intervencións con familiares/coidadores (Programa de Apoio a familias) e contamos cunha asesoría xurídica. Así mesmo, o Servizo de Inserción Laboral de Feafes realiza apoio na búsqueda de emprego o Servizo de Ocio e Deportes organiza actividades de lecer e tempo libre.

Dos 650 usarios que Feafes Galicia ten en Santiago, 255 foron derivados polos Servizos Sociais do Concello. O resto proceden doutras entidades públicas ou privadas ou acudiron á nosa entidade por iniciativa propia.