Skip to main content
Novas

Feafes Galicia asina un convenio con Asfa21

By 7 de Maio de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

Logo_asfa21.JPG

Feafes Galicia acaba de asinar un Convenio Incorpora (da Obra Social La Caixa) con Asfa21, tanto coas súas oficinas de Santiago de Compostela coma da Coruña. Este acordo ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e promover accións de Responsabilidade Social Empresarial no marco deste proxecto da Obra Social “la Caixa”.

Asfa 21 Servizos Sociais é unha empresa con implantación na maior parte do territorio español, tanto no ámbito da xestión de residencias da terceira idade coma de centros de día e oficinas de axuda a domicilio. Con este convenio búscase facilitar a integración laboral en empresas de persoas en risco de exclusión social.

Dende o ano 2006, a Obra Social “a Caixa” fomenta, co programa Incorpora, a inserción ao mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión, como persoas con minusvalidez, maiores de 45 anos, parados de longa duración, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero. Un dos eixes desta iniciativa é poñer ao servizo do tecido empresarial un programa de responsabilidade social corporativa para favorecer a integración laboral.