Skip to main content
Novas

Feafes Galicia asiste á presentación do balance do programa ‘Xuntos nos coidados’

By 7 de Marzo de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

IMG_0333b.jpg

A consellería de Traballo e Benestar realizou esta mañá un balance do programa ‘Xuntos nos coidados’. Con motivo da presentación do ‘Manual de formación para coidados de persoas con enfermidades crónicas’, Beatriz Mato salientou que dende a posta en marcha desta iniciativa en 2010, xa se formaron a 4.200 coidadores. Se a esta cifra se suman as accións formativas previstas para este ano, chegaríase a case 7.000 persoas. Así pois, de aquí a finais de ano, a Xunta terá impartido un total de 280 cursos desde 2010.

No caso de saúde mental, os técnicos de Feafes Galicia e das asociacións federadas impartiron cursos ao longo das catro provincias galegas, nas  14  principais cidades e vilas da nosa comunidade autónoma. Esta formación proporcionóulle aos coidadores as habilidades e coñecementos necesarios para o coidado no contorno familiar de persoas con enfermidade mental. En total, participaron 213 persoas en toda Galicia. Ao remate dos cursos, realizouse unha enquisa entre os participantes, da cal se obtivo como resultado un grao de satisfacción do 93,70%.

Por outra banda, a Consellería de Traballo e Benestar tamén colaborou con Feafes Galicia para a elaboración e edición do ‘Manual de formación para coidados no contorno familiar de persoas con enfermidade mental’. Os contidos da guía, elaborados pola federación, permiten aos coidadores ter os coñecementos básicos sobre este tipo de doenzas e adquirir os coñecementos e as habilidades básicas para atender ás persoas con enfermidade mental