Skip to main content
Novas

Feafes Galicia celebra o I Campionato de Ping-pong

By 2 de Xullo de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

CARTEL_PINGPONG_peque.jpg

Cangas do Morrazo acolle o vindeiro venres 5 de xullo o I Campionato de Ping-pong organizado pola Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) e a asociación Doa.

O evento terá lugar no Pavillón de Deportes do Romarigo entre as 11 da mañá e as 14 horas. A través de partidos individuais en oito mesas, participarán xogadores procedentes de cinco asociacións de Feafes Galicia: Avelaíña (A Guarda), Apem (Cee), Afaes Portanova (Ferrol), Lar (Vilagarcía) e a anfitrioa Doa (Cangas e Vigo).

Tras a celebración do campionato, os 100 asistentes ao evento desprazaranse ata a praia de Liméns para celebrar unha comida de confraternidade. Xa pola tarde, os participantes aproveitarán para visitar a localidade.

Esta actividade, organizada polo departamento de Ocio e Deportes de Feafes Galicia, ten como obxectivo amosar á sociedade a imaxe máis positiva do colectivo de persoas con enfermidade mental, loitando de modo activo contra os estereotipos e o estigma social. Ademais, tamén permiten mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias.

Así, os participantes nas actividades rompen coa rutina diaria, realizan actividade física desde unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.