Skip to main content
Novas

Feafes Galicia colabora co concello de Santiago para a rehabilitación das persoas sen fogar

By 26 de Outubro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

firmaconvenio.jpg

O presidente de Feafes Galicia, Xosé Ramón Girón, e a concelleira de Benestar Social do Concello de Santiago, Paula Prado, asinaron un convenio de colaboración para a rehabilitación psicosocial e apoio comunitario para persoas con enfermidade mental crónica sen fogar.

Os obxectivos xerais do programa son mellorar a atención en saúde mental da poboación sen fogar, a súa avaliación e diagnóstico e o tratamento e seguimento psiquiátrico das persoas enfermas que non están a ser atendidos noutros recursos da rede. Ademais, pretende favorecer a integración e o enganche das persoas con enfermidade mental nos recursos normalizados, a coordinación dos recursos sanitarios e sociais necesarios para a intervención e o apoio á formación continuada dos profesionais que interveñen no programa.

O programa, que xa está en marcha, prolóngase a ata o mes de decembro de 2012, nunha primeira fase de implantación, coa intención de levar a caso máis fases nos próximos anos.