Skip to main content
Novas

Feafes Galicia comeza este luns un curso de iniciación a Internet en Vigo

By 30 de Agosto de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Un grupo de 15 demandantes de emprego da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) comezarán este luns as clases dun curso de iniciación a Internet en Vigo. O programa, de 60 horas de duración, ten como obxectivo preparar aos participantes para o manexo xeral das redes informáticas.

Así, a través de sesións prácticas e participativas, coñecerán os diferentes navegadores, o correo electrónico e outras aplicacións da rede. As clases comezan o vindeiro lunes e rematan o 21 de setembro. As clases serán impartidas en horario de mañá nun aula de informática onde os participantes terán a súa disposición ordenadores e todo o material necesario.

O perfil de usuarios seleccionado para este curso, financiado por FSC Inserta, pertencente á Fundación ONCE, son persoas con discapacidade por enfermidade mental, con estudios mínimos, que xa manexen o entorno Windows, pero que requiran esta formación específica para completar a súa cualificación profesional.

O Observatorio de Emprego de Personas con Enfermidade Mental (OEDEM) de Feafes Galicia estuda as distintas variables que xeran a exclusión laboral das persoas con enfermidade mental. Da información rexistrada, pódese concluir que a formación en novas tecnoloxías é un dos intereses principais deste colectivo. De feito, Feafes Galicia vén celebrando estes cursos dende o 2006 cun gran éxito, xa que o 100% dos participantes declararon ao rematar as clases que lles foi de utilidade.

O principal obxectivo de Feafes Galicia é mellorar a calidade de vida e o día a día das persoas con enfermidade mental, así como dos seus familiares e/o coidadores. Por iso, a Federación traballa para aumentar as posibilidades de inserción laboral, ofrecendo orientación, formación e intermediación coas empresas.