O Comité de Persoas con Enfermidade Mental de Feafes Galicia vai reunirse por primeira vez esta tarde, xoves 26 de abril, en Santiago de Compostela. Nel participarán representantes de varias asociacións e das diferentes delegacións de Feafes Galicia.
Este comité ten como obxectivo dar voz propia ás persoas con enfermidade mental e crear un marco de diálogo e debate para os integrantes deste colectivo. Este grupo está enfocado á consecución de acordos concretos e pretendemos que sexa órgano asesor da Xunta Directiva de Feafes.
Nesta primeira reunión, os propios membros do Comité elaborarán o reglamento interno para o seu futuro funcionamento e despois volverán reunirse cada tres meses, aproximadamente. Dende Feafes Galicia agardamos que este Comité sirva de impulso para o cumprimento da Estratexia en Saúde Mental e se converta nun foro de ideas dende o que se deseñen vías de solución. Tamén esperamos que o Comité axude a Feafes Galicia a cumprir a súa misión e que neste foro de expertos se intercambien experiencias entre as distintas asociacións.
Nas súas reunións, os membros do comité tratarán os temas que lles afectan, como a mellora da atención socio-sanitario ao colectivo, a formación como facilitadora da inserción laboral, ou as posibles accións de loita contra o estigma e promoción da sensibilización, entre outros.