Skip to main content
Novas

Feafes Galicia e a EGAP firman un convenio para realizar actividades de formación e divulgación

By 13 de Setembro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

EGAP 0040000.jpg

O director de Feafes Galicia, Antonio Hernández, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos González, firmaron esta mañá, 13 de setembro de 2012, un convenio de colaboración entre as dúas entidades.

O obxectivo deste acordo é o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes. Así, Feafes Galicia e a EGAP colaborarán para realizar conxuntamente cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación.

Así mesmo o convenio contempla a edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo, ademáis de promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.

Para velar polo cumplimento deste obxectivos crearase unha Comisión Mixta de Seguimento, de composición paritaria e integrada por representantes de cada unha das institucións.