Feafes Galicia impartiu o curso “Taller de creación de curriculum e plataformas on line de busca de emprego en rede”, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios. A actividade formativa desenvolveuse os días 26 e 27 de xuño, en horario de 17.30 a19.30 horas, na aula de informática de Centro Cívico do Castrillón, na Coruña.
En total, participaron 13 usuarios do Servizo de Orientación Laboral de Feafes Galicia, dos que catro forman parte do Proxecto de integración sociolaboral de reclusos e ex reclusos con enfermidade mental, financiado pola Fundación Iberdrola.
Na primeira xornada do curso, os participantes traballaron na elaboración do currículo (estrutura, contido, tipos, etcétera.) e cartas de presentación. O segundo día, formáronse sobre plataformas de busca de emprego online: os principais portais, como se dar de alta, como introducir os datos e os demais prácticas.
Así pois, realizáronse dúas sesións nas que cada alumno contou cun ordenador e recibiu formación teórico-práctica, que complementa as accións de orientación laboral que se están a levar a cabo dende Feafes Galicia.