Skip to main content
Novas

Feafes Galicia finaliza o curso de atención temperá para familiares

By 4 de Xuño de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia acaba de finalizar a última edición do curso de atención temperá para familiares. O taller, que contou con seis sesións, celebrouse unha vez á semana en horario de tarde na sede da federación en Santiago e esta impartido pola psicóloga da entidade.

Nesta edición participaron 12 familiares e en breves comezarase a traballar con outro grupo de coidadores de persoas con enfermidade mental.

A través destes cursos préstase atención temperá a familiares de persoas con enfermidade mental de diagnóstico recente. O obxectivo é facilitarlles o manexo das dificultades derivadas da nova situación familiar a través de asesoramento, formación sobre a enfermidade mental, información sobre recursos e apoio emocional.