Un total de 60 persoas con enfermidade mental de toda Galicia recibirán cursos de alfabetización informática ao longo dos meses de febreiro e marzo. Trátase dunha actividade organizada pola Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) integrada no Proxecto Orla, dentro dos Programas Integrados para o Emprego, promovidos pola Consellería de Traballo e Benestar.
Este programa vai dirixido a persoas desempregadas, preferentemente perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego, e pertencentes aos colectivos sinalados como prioritarios na definición anual do Plan de acción para o emprego. Os beneficiarios deben ter unha discapacidade por enfermidade mental e estará motivados de cara á inserción laboral e a mellora da súa empregabilidade.
A meta fundamental do proxecto Orla é acadar a inserción laboral, como mínimo, dun 35% dos demandantes que participen no proxecto. Esto supón que, polo menos, 21 participantes do proxecto acaden un emprego. Feafes Galicia logrou cumprir con éxito este obxectivo dende 2007, ano no que comezou a desenvolver o programa, que nun inicio atendía a 30 persoas en toda a comunidade.
O programa estase a desenvolver nas catro provincias galegas, con 15 participantes en cada unha delas. No caso de Santiago de Compostela, o curso de alfabetización informática comezou o pasado 1 de febreiro, mentras que en Vigo e Lugo o farán o día 6. Por último, os alumnos de Ourense inciaran as clases o 27 de febreiro.
Os cursos, de 100 horas de duración, teñen como obxectivo instruír aos alumnos os coñecementos suficientes e necesarios para o manexo do entorno Windows, xunto cos programas de ofimática máis utilizados na empresa hoxe en día: Word e Excel. Ademais, aprenderán a navegar pola rede e xestionar o correo electrónico. Estes coñecementos axudaranlle a utilizar este tipo de recursos na elaboración do currículo e na busca de emprego.
Antes deste curso, os participantes xa realizaron a finais de 2011 cursos de ‘Motivación e Técnicas de Búsqueda de Emprego’ nas catro cidades. Tras as actividades formativas, o departamento de Emprego de Feafes Galicia realizará tarefas de intermediación e prospección laboral co obxectivo de que os alumnos poidan realizar prácticas en empresas.
Estes cursos facilitarán o desenvolvemento de habilidades interpersoais e laborais importantes que permiten o aumento da autoestima dos alumnos ao sentirse máis seguros ao hora de buscar e atopar emprego. Ademais, segundo a coordinadora de Emprego de Feafes Galicia, Carina Fernández Rivera, estes programas “son moi necesarios para os nosos usuarios”, dado que pola súa baixa formación non poden acceder a outras actividades formativas ofertadas.
Os Programas Integrados para o Emprego son unha oportunidade para as persoas con enfermidade mental, xa que están “deseñados para ofrecer unha atención personalizada que permita axudar a acadar unha integración sociolaboral plena e exitosa”, engade Fernández. Ademais, permite reducir o estigma que exista cara as competencias e capacidades das persoas con enfermidade mental, así como sensibilizar á sociedade e ao mundo empresarial ofrecendo unha imaxe positiva e realista sobre a persoa.