Skip to main content
Novas

Feafes Galicia imparte un curso de informática a 15 persoas con enfermidade mental en Ourense

By 29 de Marzo de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Un total de 15 persoas con enfermidade mental de Ourense están a recibir un curso de Alfabetización Informática, dentro das actividades formativas do servizo de Emprego de Feafes Galicia.

As clases, que comezaron o pasado 27 de febreiro, teñen lugar nas instalacións de Delta PC, no barrio das Lagoas, e nel os usuarios aprenden a manexar unha ferramenta cada día máis importante non só de cara ao traballo senón na vida diaria.

O curso rematará o venres 30 de marzo, data na que se fará unha proba final que avaliará os coñecementos adquiridos polos alumnos. A duración total do curso é de 95 horas e impártese en horario de mañás.

A mediados do curso realizouse unha enquisa de avaliación intermedia, que reflectiu que os usuarios están moi satifeitos en xeral co desempeño da actividade formativa e cos coñecementos adquiridos na mesma.