Skip to main content
Novas

FEAFES Galicia imparte unha charla en Medicina

By 9 de Decembro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

Dar a coñecer o movemento asociativo que existe en torno á defensa dos dereitos das persoas con enfermidade mental é, sen dúbida, un dos obxectivos que persegue FEAFES. Por iso, a posibilidade de falar sobre isto cos futuros profesionais da medicina é unha labor que FEAFES Galicia realiza moi gustosamente.

O próximo martes 17 de decembro, a secretaria de FEAFES Galicia e Presidenta da Asociación Fonte da Virxe, Mar Piñeiro, xunto á Coordinadora de Programas de FEAFES Galicia, Diana Muñoz, acudirán ó aulario Novoa Santos do Hospital Clínico de Santiago para reunirse e conversar con alumnos de 4º de Medicina.

Trátase do segundo ano que se produce este encontro entre a Facultade de Medicina e FEAFES Galicia, achegamento propiciado polo Dr. Raimundo Mateos, profesor de Psiquiatría na Universidade de Santiago. A través desta charla, o Doutor pretende que os alumnos coñezan os recursos e servizos que ofrecen as asociacións de axuda na atención á saúde mental, así como o traballo que realiza FEAFES na nosa comunidade.

A charla, que terá lugar ás 09:30 da mañá, durará preto dunha hora, pero tras a exposición por parte das dúas profesionais de FEAFES, haberá un tempo reservado para que os alumnos plantexen as súas dúbidas, inquedanzas e observacións. Búscase, deste xeito, que a intervención sexa bidireccional e participativa, para que os estudantes poidan sacarlle o maior partido posible e adquirir aqueles coñecementos que lles esperten interese.

hospital.jpg