Skip to main content
Novas

Feafes Galicia imparte unha ponencia a alumnos de Medicina da USC

By 18 de Decembro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

fotos_Charla.jpg

A coordinadora de Programas de Feafes Galicia, Diana Muñoz, e unha das integrantes do Comité de Persoas con Enfermidade Mental, Ana Belén García, participaron nun relatorio antes alumnos de 4º curso do Grao de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ambas as dúas acudiron convidadas por Raimundo Mateos Álvarez, profesor titular de Psiquiatría na USC, responsable da Unidade de Psicoxeriatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e presidente da Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG).

O relatorio tivo lugar no Aulario Novoa Santos del Hospital Clínico, na tarde do 17 de decembro. En primeiro lugar interveu Ana Belén García, quen contou a súa experiencia persoal coa enfermidade mental, dende os inicios ata a actualidade, respondendo ás preguntas dos alumnos.

Pola súa banda, Diana Muñoz expuxo o labor e os servizos que prestan Feafes Galicia e as 14 asociacións que a integran, dirixidos tanto ás persoas con enfermidade mental coma aos seus familiares.