Skip to main content
Novas

Feafes Galicia inaugura o curso de valoración da dependencia de persoas con enfermidade mental

By 26 de Xuño de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

curso.jpg

Feafes Galicia inaugurou na mañá do mércores 26 de xuño o curso de valoración da dependencia de persoas con enfermidade mental dirixido a profesionais dos equipos de valoración da dependencia de Galicia e traballadores sociais comunitarios. A formación, que ten lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago continúa o 27 de xuño de 2013.

A finalidade desta formación, impartida en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Social, consiste en dotar os profesionais que traballan na valoración da dependencia e nos servizos sociais comunitarios, de coñecementos que lles permitan obxectivar, de xeito precisa, as diversas limitacións que un enfermo cun trastorno mental grave pode ter para un funcionamento autónomo. Neste sentido, é preciso que os profesionais coñezan as áreas de funcionamento afectadas no paciente a avaliar, así como coñecer técnicas específicas para levar a cabo o proceso de valoración.

Ademais, o obxectivo do taller é dotar os profesionais dos coñecemento necesarios para que poidan facer unha valoración da dependencia adaptada as características específicas dos problemas de saude mental do solicitante, así como facilitar a aplicación do baremo de valoración da dependencia de forma homoxénea e eficiente en todas as unidades de valoración de Galicia. A formación, de 9 horas de duración, impártese os días 26 e 27 e xuño en horario de mañá, nun taller con 20 alumnos.

O curso está impartido polo director de Feafes Galicia, Antonio Hernández Fernández; o psicólogo e director da residencia da asociación Lar de Vilargarcía, José Luis Guisande; a psicóloga e directora da asociación Alba de Pontevedra, Montserrat García González; e a traballadora social da asociación Afaes Portanova de Ferrol, Rocío Galego Brage.