Skip to main content
Novas

Feafes Galicia inicia un novo curso de atención temperá para familiares

By 10 de Abril de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia iniciará o próximo mércores 18 de abril unha nova edición do curso de atención temperá para familiares. O taller celebrarase unha vez á semana en horario de tarde na sede da federación en Santiago e estará impartido pola psicóloga da entidade.

A través destes cursos préstase atención temperá a familiares de persoas con enfermidade mental de diagnóstico recente. O obxectivo é facilitarlles o manexo das dificultades derivadas da nova situación familiar a través de asesoramento, formación sobre a enfermidade mental, información sobre recursos e apoio emocional.