Skip to main content
Novas

Feafes Galicia mobilízase contra as propostas estigmatizantes e discriminatorias do futuro Código Penal

By 22 de Outubro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia súmase á campaña iniciada pola Confederación Feafes contra a reforma do Código Penal. O Proxecto de Lei Orgánica de modificación do Código Penal dende a propia Exposición de Motivos asocia os termos de “perigosidade” coas persoas con trastorno mental sendo esta vinculación unha idea prexuizosa, estigmatizante e, evidentemente, absolutamente discriminatoria e que debería ser retirada de todo o texto do Proxecto de Lei.

Feafes oponse rotundamente a que a única alternativa coa que conten nun futuro as persoas con trastorno mental grave sexan os internamentos en centros psiquiátricos de xeito permanente, por moito que o Proxecto de Lei considere a posibilidade de que sexan internamentos revisables.

Para FEAFES é inaceptable a formulación, no que a saúde mental se refire, do futuro Código Penal que aínda está en trámite parlamentario. Por este motivo iniciamos un plan de acción para intentar modificar aqueles aspectos cos que non estamos de acordo e que, estamos convencidos, servirán unicamente para deter o proxecto vital de centos de miles de persoas en España e condenalos ao eterno escurantismo e exclusión social.

Elaboramos un modelo de carta, que podedes descargar aquí, para que a súa firma, escaneo e envío ao Ministerio, ao correo electrónico: secretaria.ministro@mjusticia.es. Tamén podedes asinar a petición en Change.org.